CRTVG

Buscar

A Revista

Un deseño galego baseado nas 'alcofas' portuguesas e na cerámica de Sargadelos está a ser un éxito internacional

Publicado o 09/08/2017 13:40

Tendas de Seúl, París e Londres teñen á venda uns bolsos creados por unha rapaza galega que en só un ano xa conseguiu que se esgoten todas as unidades que produce. Un éxito que recollen revistas coma 'Vogue', 'Elle' e 'Wallpaper'.

Todo canto teñen feito xa está encargado, vendido. Pero Montse tampouco ten interese en facer unha gran produción, prefire facer pouco e facelo ben, con moito meco.
Por iso supervisa todo o proceso, dende o tecido vexetal das alcofas ata a costura das pezas de cerámica que lles pon por riba.

Todo xurdiu un día cando vivía en París e fixo un destes bolsos pro seu propio uso, e a xente empezouna a parar pola rúa preguntándolle por onde se fixera con ese bolso. E de aí a estar nos escaparates máis selectos das tendas das capitais da moda só pasou un ano.

Pero malia a internacionalización do seu produto, o sitio de monte agora está aquí. Xa o di o nome da súa empresa: Heimat Atlántica.

O prezo dos bolsos está entre os 240 e os 370 euros. Pero non é moi doado facerse con un porque toda a produción que ten feita xa está encargada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

09/08/2017