CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Un deseñador do Carballiño crea un "Trivial" sobre Galicia

Publicado o 14/08/2018 21:41





Un deseñador do Carballiño acaba de crear un xogo de mesa sobre Galicia e en galego. Un xogo que inclúe preto de novecentas preguntas coas que os xogadores poden demostrar canto saben da cultura xeral do país. Dous anos estivo traballando neste proxecto, co que pretende poñer o seu gran de area para normalizar o galego tamén no tempo de lecer.

E por qué dous anos? Pois porque este percorrido sobre o taboleiro de Galicia está cheo de posibilidades. Desta volta chegar a Santiago de Compostela, porque ese é o reto, pasa por contestar a moitas das case novecentas preguntas das que consta o xogo. Abranguen case toda a cultura do país, dende lingua, literatura, historia ou política, ata arte, espectáculos, ciencias ou xeografía.

Así xogando saberemos de Pepa a Loba, da gripe de 1918, cales son os montes de máis de 1500 metros ou algúns dos directores de cinema galegos. Un repaso pola nosa historia e a nosa cultura. En galego. Nun xogo pensado para os maiores, pero para o que xa teñen en mente unha versión axeitada para os máis cativos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

14/08/2018