CRTVG

Buscar

Un dermatólogo do CHUVI, o único español na revisión mundial de tratamentos contra a psoríase

Publicado o 01/03/2018 21:24

Un dermatólogo do CHUVI foi o único participante español na última revisión mundial de tratamentos contra a psoríase, unha doenza da pel incurable e de orixe descoñecida que afecta o 3% da poboación. A misión da rede 'Cochrane' é recoller e sintetizar toda a información para poñela a disposición dos profesionais.

Desde 2012, os membros de 'Cochrane' revisaron máis de 5.000 artigos publicados nos últimos catro anos sobre os tratamentos contra a psoríase por vía oral ou inxectable. Os resultados cos máis seguros e eficaces están xa a disposición dos profesionais da saúde. 

O dermatólogo do Complexo Hospitalario vigués, Ignacio García Doval, é o único experto español nun grupo formado por once especialistas franceses, ingleses e italianos. 

Estímase que o 3% da poboación padece esta enfermidade da pel de orixe descoñecida e que carece de cura. Pero con control médico e coa perseverancia dos pacientes no seguemento dos tratamentos, ben sexan cremas, fototerapia ou fármacos, a calidade de vida dos afectados mellora.

Noticias web

01/03/2018