Un delfín négase a abandonar o cadáver da súa cría na ría de Arousa
Publicado o 25/09/2020 21:39
A imaxe case non precisa comentarios. Reflicte a dor dunha nai que perde o seu fillo. Esta femia de arroaz leva días sen comer. Só empurra e tenta manter flotando coa cabeza o cadáver da súa cría resistíndose a dar por rematada unha viaxe demasiado curta xunto a ela.
O animal non emite sons. O ritual trasncorre nun arrepiante silencio que, curiosamente, achega moita información.
É o terceiro rexistro que existe a nivel mundial deste comportamento nesta especie. Unha imaxe triste cargada de emocións animais e humanas.
Respecto porque agora só á natureza lle corresponde decidir cando esta femia estará preparada para separarse da súa cría.