CRTVG

Buscar

Un de cada tres ourensáns xa teñen posta a pauta completa da vacina contra o coronavirus

Publicado o 01/06/2021 14:17

Dos 306.650 empadroados na provincia de Ourense, máis de 103.000 recibiron xa a pauta completa de vacinación. Este dato supón que un de cada tres ourensáns xa está inmunizados fronte á covid. Outros 50.000 recibiron xa a primeira dose e durante esta semana completarán a pauta. Hoxe na provincia están citadas 3.300 persoas das que 2.400 de entre 60 e 69 anos recibirán no recinto de Expourense a segunda dose de Pfizer.

Un ritmo de vacinación co que a metade da poboación de Ourense estaria inmunizada nos próximos días e que os xa vacinados valoran positivamente. Os que hoxe recibían a segunda dose e completaban a pauta aseguraban que é importante estar inmunizado cando antes e que o ritmo se manteña. Malia todo, insisten que non se pode baixar a garda.

A vacinación continuará ao longo da semana nos diferentes puntos habilitados na provincia.

Noticias web

01/06/2021