CRTVG

Buscar

Un de cada tres internautas vixía a súa parella na rede cando a relación é estable

Publicado o 13/02/2018 21:40

Unha de cada tres parellas estables, espíanse en liña E unha de cada dúas cando a relación non é formal. Son datos dunha nova enquisa dunha compañía internacional dedicada á seguridade informática.

Tempo de mercar para agasallar e de repensar o de espiar. Segundo a nova enquisa de  Kaspersky Lab, unha empresa presente en máis de 200 países, dedicada á seguridade informática, cando a relación que teñen non é estable, case a metade dos e das internautas espían, en liña, a súa case parella. E a súa parella estable, axéxana unha de cada tres.

Un 33 por cento das parellas enquisadas, discutiron nalguna ocasión, logo de que algún dos dous viu algo que o outro non quería compartir. Entre o que máis se oculta e ocultan máis: as mensaxes enviadas a terceiros, arquivos persoais, sitios web máis visitado e como e onde emprega cada os cartos.

O aumento do número e do uso de redes, aplicacións ou webs e de dipositivos, dixitais e móbiles, está modificando a transparencia e a privacidade nas relacións. Teñen as propias pegadas dixitais recoñecidas no dispositivo da outra persoa, ata unha de cada catro parellas e unha de cada dúas comparte os contrasinais ou pins dos seus dispositivos.

Queren manter en privado parte das súas actividades, o 76 por cento das parellas menos felices e o 54 por cento das máis felices. Valora máis a relación que a privacidade, un 70 por cento.

Independencia, que tanto, on line, coma off line, espazos de seu, que nas parellas defenden ata un 80 por cento.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018