CRTVG

Buscar

Un de cada tres españois non desconecta durante as súas vacacións

Publicado o 09/08/2019 19:59

En pleno tempo de vacacións moitos aproveitan para descansar da rutina diaria pero ollo, segundo un estudo, un de cada tres españois non é quen de desconectar do traballo. O teléfono móbil e as preocupacións laborais son algún dos motivos que impiden este descanso.

Na cidade ou na praia, desconectar da rutina diaria é cada vez máis complicado co móbil sempre pegado á mán. Non son os únicos, segundo unha enquisa 1 de cada 3 españois non é quen de esquecer o traballo durante o seu tempo de descanso. Claro que tamén os hai que teñen sorte. Con todo a gran maioría admite que o seu tempo de descanso prefire adicalo a actividades de lecer para desconectar do traballo de todo o ano. E por iso, para volver e non ter remorsos dunhas vacacións mal desfrutadas, o mellor é coller o móbil e desconectalo durante un tempo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019