CRTVG

Buscar

Un de cada tres condutores recoñece que envía mensaxes de móbil mentres conduce

Publicado o 10/07/2019 22:06

Usar o teléfono ao volante é unha decisión de vida ou morte. É a mensaxe que quere trasladar a DXT co gallo da súa nova campaña de concienciación. "Por un chat podes atropelar a alguén, podes matar a alguén, a túa vida quedará rota, non vas poder nin mirar ao espello é que acabarás con antecedentes penais, e todo isto por un chat? Pero, meu Deus, que disparate!", asegura Pere Navarro, director xeral de Tráfico.

Cada segundo que pasamos chateando perdemos 27 metros e medio de contacto coa estrada. Unha distancia suficiente para causar un accidente ou provocar un atropelo mortal. A meirande parte dos condutores din estar alerta.

O ano pasado a Garda Civil sancionou máis de 5.000 condutores en Galicia polo uso do teléfono. 20 condutores ao día. Unha cifra que amosa a perigosidade de conducir usando un dispositivo que provoca 1 de cada 3 mortes na estrada cada ano.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/07/2019