CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Un de cada tres arxentinos chegou bloquear ou eliminar a algún amigo en Facebook polos seus comentarios políticos

Publicado o 29/11/2017 21:26

A paixón dialéctica dos arxentinos ten sona mundial. Agora, nas redes sociais alcanza límites impensables e ata é obxecto de estudo. Un de cada tres arxentinos chegou bloquear ou eliminar a algún amigo en Facebook polos seus comentarios políticos. Na Arxentina, a este fenómeno chámanlle a 'grieta'.

Na Arxentina cando alguén menciona a palabra "grieta", todos saben a que se refire. É a brecha social, pero especialmente política, que divide os arxentinos en kirchneristas e anti kirchneristas e que se profundou nos últimos anos.

Agora esa quebra trasládase ás redes sociais e un estudo sinala que é no Facebook onde máis se evidencia esta ruptura que chegou a dividir familias e a destruír amizades.

A sondaxe mediu o impacto das discusión políticas da Arxentina nas redes e 6 de cada 10 entrevistados consideran que este tipo de medios profundizan as divisións. E poñen como principal exemplo o Facebook, cunha incidencia do 43 %, case o dobre de Twitter ou Instagram.

"Hai moito odio nas redes sociais e todos din que senten sen pensar que agravian a moita xente".

"Vívese dun xeito intenso aquí todo o que é a 'grieta'".
O apaixonado acaloramento leva en moitas ocasións a que os arxentinos bloqueen ou eliminen algún dos seus contactos.

"Reenvío correos electrónicos, fotos ou cousas e algún amigo bloqueoume".

"Hai mensaxes moi agresivas que dificultan que un siga en contacto con certas persoas".

"Coñezo amigos que hai un ano que non falan co pai porque están totalmente en desacordo".

Porque moitas veces a disputa dixital trasládase á realidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

29/11/2017