CRTVG

Buscar

Un de cada cinco vehículos non pasa a ITV

Publicado o 07/10/2019 21:13

A maior parte dos fallos polos que un coche non pasa a inspección obrigatoria son fallos considerados graves.

"O primeiro motivo polo que os vehículos son rexeitados en ITV son os sistemas de iluminación e sinalización", di Camen Fernández, voceira de SYC-ITV en Galicia.

"Un fallo que tiven foi que as luces estaban mal colocadas e deslumbraban", conta un condutor.

O segundo defecto polo que os vehículos non pasan a ITV son os problemas cos pneumáticos e o sistema de freada, seguidos do exceso de emisións contaminantes. O ano pasado endurecéronse os niveis permitidos.

"No 2018, o rexeitamento en emisións contaminantes case se puxo á par nos fallos en sistema de freada", apunta Camen.

Galicia é unha das comunidades onde máis vehículos teñen que ir a unha segunda volta na ITV. Os expertos apuntan que o feito de que a segunda revisión sexa de balde fai que moitos condutores se confíen e non vaian ao taller previamente. Por tipos de vehículos, aos que máis defectos lles detectan á hora de pasar a ITV son os camións e as furgonetas.

Noticias web

07/10/2019