CRTVG

Buscar

Un de cada catro españois padece contaminación acústica

Publicado o 24/04/2019 20:23

España é o segundo país máis ruidoso do mundo, segundo a Organización Mundial da Saúde. Neste último mércores do mes de abril, Día Internacional contra a Contaminación Acústica, os especialistas alertan das consecuencias que ten o ruído sobre a nosa saúde.

Estrés, fatiga, insomnio ou hipertensión son só algúns dos problemas que podemos padecer por vivir nunha contorna ruidosa. Sufrimos a contaminación acústica na rúa, e moitas veces no traballo, pero tamén no tempo de lecer. E os expertos están especialmente preocupados polo hábito de utilizar auriculares a todo volume e a todas horas, que se está a xeneralizar, sobre todo, entre a xente máis nova. A OMS calcula que dentro de 30 anos un 10% da poboación terá problemas auditivos por esta causa.

Coches, obras, berros... ruído, moito ruído, demasiado ruído. Doce millóns de españois padecen altos niveis de contaminación acústica, procedente, sobre todo, do tráfico das grandes cidades. Non podemos velo pero o ruído está aí causando estrés, insomnio e trastornos graves na nosa saúde.

O exceso de decibeles ameaza cada vez máis mozos de entre 12 e 35 anos. O ruído de bares e discotecas, as instalacións deportivas e, sobre todo, o uso abusivo dos auriculares, preocupan os otorrinos.

Afástense do ruído e escoiten durante un minuto o son do silencio, as melodías da natureza, dos pensamentos. É a terapia que nos propoñen os expertos no día de hoxe. Poden repetila todo o ano, a eficacia está probada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/04/2019