CRTVG

Buscar

Un curtocircuíto, posible causa dun incendio que arrasou un pazo do século XVI en Cospeito

Publicado o 12/08/2017 09:48

O lume comezou o venres pola mañá na planta baixa e en menos de dúas horas calcinou totalmente o interior

Un incendio arrasou por completo o pazo de Pumares, en Cospeito. O lume comezou o venres pola mañá na planta baixa e en menos de dúas horas calcinou totalmente o interior deste pazo do século XVI. Aínda que os bombeiros chegaron ao pouco de seren avisados, non puideron facer nada por salvar o edificio.

Agora a Garda Civil investiga as causas polas que se produciu o incendio. As primeiras hipóteses apuntan a un curtocircuíto. Só unha parte do pazo estaba habitada nas fins de semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017