CRTVG

Buscar

Un curtocircuíto podería ser a causa do incendio nun almacén de Coristanco

Publicado o 03/01/2019 14:19

Un curtocircuíto parece ser a causa do incendio que esta madrugada calcinou un alboio no lugar de Vilarello, no concello coruñés de Coristanco.
Servía de almacén de leña, así que controlalo non foi nada doado. Os bombeiros de Carballo tiveron que traballar durante toda a noite para evitar que as lapas afectasen a vivenda lindeira.

Así quedou esta vivenda do lugar de Vilarello, en Coristanco, despois do incendio que se declarou esta madrugada. O lume comezou no pendello no que se almacenaba a leña.

Nun primeiro momento Xesús tratou de sufocar as lapas coa axuda dun veciño, polos seus propios medios, pero debido á gran cantidade de madeira amoreada o lume volveuse moi aparatoso, polo que foi necesaria a intervención dos bomberos de Carballo.

Os bombeiros estiveron traballando toda a noite, ata que puideron controlalo e evitar así que as lapas chegaran a alcanzar o resto da vivenda.

O fume tamén afectou algunhas das estancias da casa. Aínda non se valoraron os danos, pero por sorte son só materiais.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2019