CRTVG

Buscar

Un curtocircuíto, causa máis probable do incendio no hotel Bahía de Vigo

Publicado o 15/02/2019 14:41

Un erro eléctrico parece ser a causa do incendio que se declarou na noite do mércores, no hotel Bahía de Vigo.

O lume orixinoue nun almacén e unha densa fumareda estendeuse por 17 plantas. Tamén se queimaron tubaxes de auga, o que desencadeou un anegamento, que obrigou a cortar a auga no hotel. Xa ao día seguinte o establecemento funcionaba con total normalidade.

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as causas do incendio, aínda que todo apunta que foi fortuíto.

Noticias web

15/02/2019