CRTVG

Buscar

Un coruñés logra a primeira sentenza favorable contra a maior estafa piramidal en criptodivisas

Publicado o 02/07/2021 15:24

Un coruñés acada a primeira sentenza civil favorable no caso da suposta maior estafa piramidal baseada en criptomoedas. O xulgado de Arona condena a empresa Airbistar 2.0 a abonar ao cidadán os preto de 2.700 euros investidos. A presunta estafa afecta arredor de 400 persoas en Galicia e máis de 32.000 en todo o mundo.

Tras coñecerse esta sentenza pioneira, algúns dos afectados da plataforma polas criptomoedas concentrábanse esta mañá ás portas da Audienca Provincial da Coruña para reclamar que a Audiencia Nacional, que está a investigar a presunta estafa, tome medidas. A empresa Arbistar 2.0, na actualidade declarada en rebeldía, ofrecía servizos de arbitraxe de criptomoedas con rendibilidades de entre un 15 e un 20 por cento. 

A partir de aí chegan as primeiras denuncias e demandas dos afectados. Estímase que en Galica poderían ascender a máis de 400. Recoñecen que recuperar o investido, na que xa é considerada a maior trama piramidal con criptomoedas, non será doado, se ben estiman que no prazo dun ano as demandas civís gañadas poderían ascender a máis dun millar. 

Noticias web

02/07/2021