CRTVG

Buscar

Un corte na subministración eléctrica deixa sen luz en Boiro máis de 3.500 persoas

Publicado o 01/02/2019 15:57

Un día despois da avaría na subministración eléctrica que durante 8 horas deixou a vila de Cabo de Cruz case paralizada, o apagamento seguía a ser o tema de conversa no salón de peiteados, un dos negocios afectados.

Outros negocios nin sequera puideron atender os seus clientes, coas perdas que iso implica. O apagamento afectou a vida cotiá dos veciños que tiveron que tirar mesmo de campingás para poder cociñar.

Aseguran que avarías coma a de onte suceden polo menos dúas veces ao ano e piden que se busque a orixe do problema e se lle poña unha solución.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/02/2019