CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Un conto sobre ecoloxía comunitaria, premio "Compostela de álbum ilustrado"

Publicado o 14/11/2017 17:00
Outra muller, outro premio: "A horta de Simón", da arxentina Rocío Alejandro, recibiu o premio internacional "Compostela de álbum ilustrado", convocado polo departamento de Educación do concello de Santiago e a editorial Kalandraka ...



O libro é un eloxio ao traballo colectivo, á convivencia en harmonía e o contacto coa natureza ...

O protagonista é Simón, un coello que tódolos anos planta cenorias na horta ... Pero alguén lle suxire que tamén poña leitugas, tomates, berenxenas ... E así a horta medra non só en produtos, se non tamén cuns labregos "especiais": o rato, a galiña, o porquiño, a raposa ...

Esta é a primeira obra de Rocío Alejandro como autora e ilustradora e inspírase na horta comunitaria do seu barrio, cunha clara intención de defensa da ecoloxía ...
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

14/11/2017