CRTVG

Buscar

Unha contancontos infantil viaxa aos anos da infancia de Rosalía de Castro

Publicado o 23/02/2019 22:46

Lecturas, paseos literarios, obras de teatro... unha infinidade de actos lembran estes días a Rosalía de Castro por toda Galicia. O 24 de febreiro de 2019 fai 182 anos do nacemento de autora de Cantares Gallegos. Entre tantas homenaxes, algunhas tratan de achegar a figura da poeta aos nenos, como a Contacontos á que asistimos esta mañá nunha biblioteca da Coruña.

Buscando a Rosalía transporta os nenos á infancia da escritora, aos primeiros anos, que a Rosalía meniña pasou ao coidado das súas tías na aldea de Castro de Ortoño.

A actriz Raquel Queizás explica que: "Buscando a Rosalía conta a historia de como ela creaba poesía como calquera neno ou nena, que aínda sen saber ler ou escribir facía poesía ,porque como é cantado e divertido...". 

É a infancia dunha nena imaxinativa namorada do teatro que xa xoga coas palabras e coa poesía en galego. Unha cativa que medrou e que acabou sendo a escritora galega máis universal.

"É viaxar no tempo para reocñecer e recuperar o noso orgullo como galegos e galegas".

Galicia rende homenaxe estes días á figura e á obra de Rosalía de Castro. A nena deste conto fai mañá cento oitenta e dous anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/02/2019