CRTVG

Buscar

Un consello de administración cesado quedaría en funcións ata xaneiro

Publicado o 11/12/2019 14:38

O martes, á mesma hora da estrea do Deportivo na Copa do Rei, celebrarase a primeira das dúas xuntas previstas no prazo dun mes. Calquera accionista ou grupo de accionistas poden propoñer o cesamento dos actuais administradores da entidade, como recolle a Lei de Sociedades de Capital.

"Pódese perfectamente proceder ao cesamento dos membros do consello de administración, aínda que non figure na orde do día", di Carlos Tomé, avogado do bufete Caruncho, Tomé y Judel.

Se se consuma o cesamento dos actuais conselleiros, non se procedería ese día á elección dos seus substitutos. 

"Se nesa xunta ordinaria se produce ese cesamento porque se leva a cabo votación por petición de accionista, o consello de administración quedaría en funcións ata a xunta do día 13", asegura Tomé, membro tamén da xunta de goberno do Colexio de Avogados da Coruña.

Este xoves coñecerase a data exacta da xunta de xaneiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/12/2019