CRTVG

Buscar

Un congreso afonda no legado galego na cidade da Habana

Publicado o 07/11/2019 21:43

Durante décadas A Habana foi a cidade con máis galegos do mundo, despois de Bos Aires. Un congreso organizado polo Consello da Cultura galega afonda no legado que aqueles emigrantes deixaron a ambos lados do Atlántico. Unha oportunidade para descubrir que parte da nosa historia se escribiu en Cuba.

Chegaban por miles desde a outra beira do Atlántico. A Habana de finais do século XIX era unha terra de oportunidade, progreso e modernidade. Unha capital que chegou a acoller uns 200.000 emigrantes galegos.

Quizais parte desa débeda xa a pagamos, deixando unha fonda pegada de Galicia na cultura cubana.

Nese caldo, na literatura, na música..., no 500 aniversario da cidade da Habana toca recordar que Cuba foi parte de Galicia, e Galicia de Cuba.












 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019