CRTVG

Buscar

Un condutor salva a vida despois de saltar dun coche en chamas en Madrid

Publicado o 22/06/2018 08:53

Un conductor salvou a vida logo de saltar dun coche en chamas. Así o rexistraron as imaxes dun videoafeccionado na autoestrada A-1, á altura de San Sebastián de los Reyes.

Foi onte, pouco despois das doce e media da mañá. Un camión de gran tamaño bateu contra a mediana esmagando totalmente a un vehículo. Ambos comezaron a arder. O condutor do turismo, de 43 anos, conseguiu saltar de entre as chamas e salvar a vida milagrosamente. Despois foi trasladado ao hospital da Paz con prognóstico moi grave debido ás importantes queimaduras. A Garda Civil investiga o suceso.

Noticias web

22/06/2018