Un condutor supera o límite do alcolímetro en Mesía e di que viña de "coller auga"
Publicado o 06/06/2019 08:54

Un condutor foi interceptado nun control de alcoholemia da Garda Civil de Tráfico nunha estrada de Mesía. Na primeira proba o aparello colapsouse porque superaba o límite de medida do etilómetro e tiveron que solicitar a presenza dun equipo dotado de medidor de precisión para poder realizarlle unha nova proba. Deu unha taxa de 1,01 e foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria.
Preguntáronlle as razóns polas que estaba nese estado e dixo que viña da fonte de "coller auga fresquiña".