CRTVG

Buscar

Un condutor que deu positivo en alcol e drogas deixa un ferido grave en Padrón

Publicado o 05/03/2019 14:16
Un condutor que deu positivo en alcol e drogas deixa un ferido grave en Padrón

Un mozo veciño de Rianxo permanece hospitalizado en estado grave debido ás lesións que sufriu ao levalo por diante un condutor que deu positivo en alcol e drogas. Foi nunha pista preto de Padrón, e outro peón que o acompañaba tamén sufriu feridas leves.

As vítimas do accidente camiñaban canda outro familiar cara á súa casa, situada nos arrabaldes, na Angueira de Suso, en Padrón. Un coche que circulaba desde A Escravitude cara ao lugar de Sisto bateu contra eles e lanzou un contra a cuneta; un home duns 33 anos que sofre numerosas lesións no tronco, nas pernas e na cabeza. Segundo nos informou o familiar que o acompañaba, o mozo permanece hospitalizado en Santiago con prognóstico moi grave. O outro peón lesionado tivo mancaduras leves nunha man. Informacións sobre o accidente relatan que tras o atropelo un dos peóns mantivo unha lea co chofer do coche, un Audi TT.

Ao lugar do accidente desprazáronse persoal e medios de urxencias. Entre eles, efectivos da Garda Civil de Tráfico da Coruña, que informaron de que o condutor do turismo que os atropelou, un mozo veciño do lugar do Sisto, deu positivo no control de alcol e drogas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019