Un condutor perde o control do camión e esnáfrase contra un muro en Vimianzo
Publicado o 10/06/2021 13:03
O camión circulaba por unha estrada que comunica a parroquia de Baíñas con Vimianzo cando saíu da vía onte contra as sete e media da tarde. Parece que o chofer perdeu o control do vehículo, tratou de evitar a cuneta e foi contra o outro lado da estrada. A cabina do tráiler rompeu un par de metros do muro perimetral e arrasou parte dunha plantación de patacas. Non se produciron danos persoais.
No punto onde aconteceu o accidente, a estrada carece de beiravías e nin sequera hai espazo para os peóns. Mentres un guindastre retiraba o camión, houbo que interromper o paso de vehículos.