Un condutor interceptado na Illa de Arousa perde 13 puntos do carné dunha soa vez
Publicado o 20/07/2021 15:16

É difícil facelo peor: un condutor interceptado na Illa de Arusa por unha patrulla da Policía Local perdeu 13 dos 15 puntos do seu permiso.
Ía manipulando o móbil ao volante, motivo polo que foi interceptado en primeira instancia. Pero os axentes comprobaron despois que o vehículo tiña a ITV caducada e a actitude do individuo levounos a lle facer unha proba de alcohol na que deu positivo.
Un segundo positivo, este por drogas, completou o despropósito. Ademais deses 13 puntos perdidos, o condutor terá que aboar case 2.000 euros de multa.