CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Un condutor foi identificado circulando a 211 quilómetros por hora na AP-9 ao seu paso por Santiago

Publicado o 01/09/2017 20:41
Un condutor foi identificado circulando a 211 quilómetros por hora na AP-9 ao seu paso por Santiago

A velocidade foi detectada por un radar do helicóptero da DXT á altura do quilómetro 63. A continuación, o vehículo foi detido e o condutor identificado impoñéndolle a Garda Civil de Tráfico unha multa de 600 euros e a redución de seis puntos do permiso de conducir. Circulaba a 211 quilómetros por hora, cando a velocidade está limitada a 120.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí