CRTVG

Buscar

Un condutor en sentido contrario pola AP-9 provoca un accidente con tres feridos en Culleredo

Publicado o 02/10/2019 16:50

O estado en que quedaron os dous vehículos implicados na colisión reflicte a violencia do impacto. Aconteceu minutos antes das nove da noite, no quilómetro 5 da AP-9, en dirección saída, á altura de Vilaboa, no concello coruñés de Culleredo. Por aquí, un veciño de Oleiros, de 54 anos de idade, percorreu un quilómetro e medio en sentido contrario ata que bateu frontalmente contra outro turismo.

Juan Carlos Rodríguez Varela, sarxento de Atestados do Subsector de Tráfico da Coruña: "Móntase un dispositivo para intentar localizar o coche...".

Nel viaxaban tres ocupatentes, que quedaron feridos e foron trasladados ao hospital San Rafael da Coruña. O condutor causante do accidente quedou ileso.

Juan Carlos Rodríguez Varela, sarxento de Atestados do Subsector de Tráfico da Coruña: "Vaise proceder á investigación deste condutor...".

Á espera dos resultados da investigación, todo indica que puido deberse a un descoido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí