CRTVG

Buscar

Un condutor drogado provoca o pánico en Barcelona

Publicado o 14/07/2019 16:52

En Barcelona aínda se recuperan as persoas hospitalizadas tras o atropelo masivo que se rexistrou onte na zona do Eixample. Un condutor drogado levou por diante un motorista e continuou a marcha topando co seu coche con outro vehículo. Despois saltou varios semaforos e, neses metros sen control, golpeou un grupo de persoas e bateu contra varios coches que estaban estacionados. A Garda Urbana conseguiu detelo e deu positivo na proba de opiáceos. Deixou sete feridos e un deles segue hoxe con prognóstico reservado.

 

Noticias web

14/07/2019