CRTVG

Buscar

Un condutor de autobús que trasladaba unha orquestra triplica a taxa de alcoholemia permitida

Publicado o 29/05/2019 17:44
Un condutor de autobús que trasladaba unha orquestra triplica a taxa de alcoholemia permitida

A Garda Civil sorprendeu o condutor dun autobús que case triplicaba a taxa de alcoholemia cando trasladaba os compoñentes dunha orquestra que participara no Spring Festival a fin de semana pasada en Silleda.

Segundo informou o Instituto Armado, o pasado 25 de maio efectivos do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Lalín, durante o dispositivo operativo para o control de alcol e drogas na condución con motivo do Spring Festival, celebrado no recinto da Semana Verde de Silleda, realizaron 273 probas de alcol, das que seis condutores homes obtiveron resultado positivo, polo que se lles denunciou administrativamente.

As mesmas fontes sinalaron que un dos positivos resultou ser o condutor dun autobús que trasladaba a 17 músicos dunha das orquestras tras finalizar a súa actuación no citado evento musical, o cal case triplicaba a taxa de alcol permitida. Para os condutores profesionais a taxa máxima de alcoholemia é de 0,30 gramos por litro en sangue e de 0,15 miligramos por litro de aire expirado para condutores profesionais.

Noticias web

29/05/2019