CRTVG

Buscar

Catro persoas saen con vida dun accidente tras caer co coche dunha rotonda elevada en Santiago

Publicado o 16/06/2020 07:50

Un sinistro de tráfico ocorrido este martes á mañá na rontonda de Santa Marta, no periférico de Santiago de Compostela, deixou apenas danos nun vehículo a pesar da aparatosidade do accidente e os seus catro ocupantes sen practicamente danos.

O coche saíu da vía pola parte elevada da rotonda e caeu por un terraplén ata a parte inferior da estrada. A caída, de máis de cinco metros de altura, foi amortecida pola vexetación, e os ocupantse do vehículo apenas sufriu danos con todo e ser o accidente moi aparatoso.