CRTVG

Buscar

Un condutor agride un operario do guindastre de Santiago

Publicado o 12/03/2020 13:47

A ningún condutor lle gusta que lle retire o coche o guindastre, e as reaccións ante a sanción son do máis variado, pero a diana son sempre os operarios do servizo. E iso precisamente ocorreu o martes na rúa Rosalía de Castro, en Santiago, cando un operario do servizo municipal de guindastre ía retirar un vehículo que estaba obstaculizando a parada de autobús por orde da Policía Local. O condutor, desconforme coa sanción, pagouna co traballador e deulle unha patada.

Esa patada provocoulle un derramo nun pulmón, polo que tivo que ser atendido no hospital e está de baixa. Pero asegura que se efrontan a diario a situacións de violencia física e verbal. Denuncian que se agravaron desde que lles retiraron o acompañamento dos axentes da Policía Local no guindastre.

Este operario quere que a denuncia do seu caso sirva de altofalante para que os cidadáns entendan que eles non teñen nin capacidade nin autoridade para sancionar nin retirar os vehículos.

O condutor que o agrediu presentouse horas despois no depósito municipal para desculparse con el, pero o operario asegura que presentou denuncia para que as autoridades tomen cartas no asunto. Os traballadores do servizo concentraranse diante da sede da empresa para demandar solucións.

Noticias web

12/03/2020