CRTVG

Buscar

Un condutor adormece ao volante e cae co coche sobre un alpendre en Toén

Publicado o 13/03/2018 14:11

Unha saída de vía causoulle feridas ao condutor dun turismo no municipio de Toén. Retornaba á casa despois de traballar durante a noite e quedou durmido ao volante, a pouco máis dun quilómetro do destino.

O coche caeu por un desnivel sobre un alpendre que quedou totalmente desfeito. O turismo quedou seriamente danado, aínda que o condutor unicamente sufriu feridas leves.

O accidente aconteceu minutos despois das seis e media da mañá. O condutor do turismo volvía á casa despois de cubrir durante a noite a súa quenda nunha fábrica do Polígono de San Cibrao. Perdeu o control do coche, saíu da vía e derrubou o muro de contención dunha vivenda, caendo por un desnivel. Estragou un alpendre.

Axiña acudiu a prestar auxilio ao condutor que apenas sufriu feridas leves. Levaba o cinto de seguridade posto e foi auxiliado polo dono da leira en que caeu o turismo.

No lugar do accidente tamén se achegou a parella do accidentado. Ata ese momento só puidera falar telefonicamente con el. A muller estaba máis tranquila ao saber que só tiña feridas leves.

Foi un guindastre o que retirou o vehículo do lugar en que caeu. O turismo sufriu importantes danos na parte frontal e tamén no motor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018