CRTVG

Buscar

Un condutor bébedo e que circulaba en sentido contrario provoca un accidente na A-55

Publicado o 14/06/2019 16:08

O sinistro sucedeu contra as catro da mañá na autovía Vigo-Tui, a A -55, á altura de Mos, no quilómetro once.

Segundo a DXT, un coche que circulaba en sentido contrario bateu frontalmente contra outro que ía correctamente polo seu carril. No interior do coche infractor ían dous homes, que quedaron feridos, e o condutor deu positivo nas probas de alcol. O chofer do outro turismo tivo que ser atendido por contusións.

Debido á colisión, estivo ocupado varias horas o carril esquerdo da autovía, en sentido a Vigo, pero sen xerar problemas no tráfico.