CRTVG

Buscar

Un condenado polos eres nega irregularidades na fundación andaluza de emprego

Publicado o 21/11/2019 19:49

Dous días despois de ser condenado a sete anos de prisión polo caso dos eres, o ex-conselleiro andaluz de Emprego José Antonio Viera compareceu na comisión de investigación sobre a extinta FAFFE. Dixo que a fundación funcionaba con todos os controis e negou coñecer as presuntas irregularidades cometidas na súa xestión.

"A miña conduta ao longo da miña vida estivo sempre marcada pola ética, a legalidade e a honradez, a pesar dos acontecementos destes últimos días", dixo Viera

Di que non coñecía persoalmente o director xeral, Fernando Villén, nomeado durante o seu mandato como conselleiro, e quen gastou nun prostíbulo 15.000 euros da Faffe que despois devolveu.

"Pero ese feito concreto non pode tapar o traballo realizado por outras persoas", afirmou o ex-conselleiro de Emprego.

Tras Viera debía comparecer outro ex-conselleiro de Emprego condenado a penas de prisión polo caso dos eres, pero José Antonio Fernández non se presentou na comisión parlamentaria. Si o fixo outro ex-responsable andaluz de Emprego, Manuel Recio, pero acolleuse ao seu dereito a non declarar por estar sendo investigado na causa xudicial do caso Faffe.

Noticias web

21/11/2019