CRTVG

Buscar

Un comercio tradicional de Taboada exporta máscaras protectoras á China

Publicado o 30/01/2020 21:31

Foi en 1987 cando botou a andar en Taboada esta tenda de produtos agroalimentarios. Sen perder a tradición, souberon adaptarse aos novos tempos e agora mesmo chegou ata eles a problemática do coronavirus e nos últimos días exportaron xa unhas 200.000 máscaras protectoras.

Agora as máscaras protectoras convertéronse no produto máis demandado e non paran de recibir pedidos e de preparar paquetes.

Hai variedade de modelos e non todas son igual de efectivas pero agora, ante o desabastecemento do mercado, todas elas teñen saída.

Noticias web

30/01/2020