Un comercio de Pontevedra loce un altar de mortos no escaparate
Este filme de Disney, Coco, introduciu no noso país o xeito de celebrar o Día de Defuntos en México e esta tradición chegou a pleno centro de Pontevedra da man dunha mexicana filla de emigrantes galegos que quere mostrar así como se viven estes días no seu país de orixe.
Marly Carballal, comerciante: "Non é un día para chorar ou para recordar os teus antepasados mortos dunha forma triste, senón unha celebración da vida que tiveron".
A elaboración dun altar de mortos para lembrar os falecidos é unha das tradicións máis peculiares destas datas.
Marly Carballal, comerciante: "O primeiro nivel dedícase ao santo que queiras e conforme vas baixando dedícase ás almas do purgatorio, aos falecidos, o que lle gustaba comer, o que lle gustaba beber".
O escaparate chama a atención dos pontevedreses.
"Aquí hai un esqueleto cun gorro". "Recolle moi ben a súa tradición e parécenos moi bonito". "Unha forma de celebrar aquí tamén o día dos mortos".
Samaín, Halloween ou Día de Mortos, o nome é o de menos, o importante é lembrar e celebrar a vida dos que xa non están con nós.