CRTVG

Buscar

Un colexio de Vilanova de Arousa suspende as clases ao anegarse por terceira vez

Publicado o 16/05/2018 14:23

O colexio Viñagrande, situado en Vilanova de Arousa sufriu anegacións debido a unha avaría nun lavabo. En consecuencia, a directiva viuse obrigada a suspender as clases no día de hoxe por seguridade para os nenos.

O colexio Viñagrande de Vilanova de Arousa viuse na obriga de suspender hoxe as clases debido a anegacións. É a terceira vez que sofren este problema. Esta vez, as inundacións debéronse á ruptura dun tubo do lavabo dos baños superiores, como consecuencia, a auga comezou a desprenderse cara ao piso de abaixo e máis de 20 placas do falso teito cederon. 

Outra das consecuencias tamén foi a suspensión das actuacións que ían ter hoxe os nenos con motivo do Día das Letras Galegas.

Non só foron as placas o material afectado, senón tamén o inmoble, cambiado recentemente e diversos aparellos electrónicos.

Dende a directiva piden reformas urxentes nos sanitarios, non só porque causan inundación senón porque cren que non teñen unhas condicións aceptables para os nenos.

Durante toda a mañá houbo deshumidificadores e fontes de calor para volver á normalidade o antes posible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018