CRTVG

Buscar

Un colexio de Mos celebra o Día dos Oceános dándolles novos usos aos plásticos

Publicado o 04/06/2019 14:46

Cada recuncho deste colexio de Mos é unha lección de vida. A súa mellor maneira de concienciar é esta exposición que confeccionaron eles mesmos, en colaboración cos seus mestres, e que ten por obxecto a auga e o coidado do medio mariño.

A súa loita é contra os plásticos e por iso queren ensinarnos a maneira de reutilizalos. Aquí atopamos coches propulsados e, como non, instrumentos musicais que soan tan ben coma a propia natureza.

Pero tamén son quen de elaborar pastillas de xabón a partir de aceite utilizado e de confeccionar as súas bolsas de tea para entregar gratuitamente ás persoas que queiran comprometerse co seu proxecto.

O seu traballo quere concienciar para rematar cunhas cifras preocupantes. Arredor de 13 millóns de toneladas de plástico acaban no océano cada ano e provocan danos graves no noso ecosistema.

A súa mensaxe é clara, agora só toca poñela en práctica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019