CRTVG

Buscar

Un colexio de Monterrei celebra a súa primeira Feira da Ciencia

Publicado o 12/06/2019 14:37

O Colexio Rural Agrupado de Monterrei organizou a súa primeira Feira da Ciencia. Os pequenos, alumnos e alumnas de segundo de primaria, amosáronlles aos seus compañeiros os seus experimentos. Este é un dos poucos centros escolares galegos que conta cun club de ciencia con cativos de 3 a 7 anos. O obxectivo é fomentar o seu interese pola ciencia experimental.

Os puntos expansivos é un dos experimentos dos pequenos científicos e científicas do Colexio Rural Agrupado de Monterrei e hoxe convidaron os escolares do colexio de Medeiros para darlles a coñecer os seus coñecementos científicos.

Burbullas irrompibles, un experimento de pesca para comprobar como funcionan o magnetismo dos obxectos ou o efecto do fluído non newtoniano cos que sorprenderon os seus compañeiros.

Ademais, tamén crearon a súa propia aula de luz negra para ver como actúa a a luz ultravioleta e descubrir as cores fluorescentes. E para rematar puideron coñecer como se elabora o chocolate a partir do cacao. Un xornada chea de experiencias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019