CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Un colexio de Fene introduce terapias con cans para axudar os rapaces con problemas coa lectura

Publicado o 05/03/2018 21:20
As terapias con cans chegan á escola. Un exemplo atopámolo en Fene, onde unha cadela, Nora, axuda os nenos con problemas coa lectura e a autoestima.

Ela é Nora. Unha máis, dende hai un par de semanas, entre o persoal docente desta escola de Fene. Foi unha mestra do colexio a que descubriu este tipo de terapia e non dubidou en introducila no seu centro. A iniciativa foi todo un éxito.

Antonio padece un trastorno específico da linguaxe, polo que ten máis dificultades para comprender o que le. Dende que traballa con Nora a súa mellora foi notable, como nos di a súa nai.

O carácter tranquilo e sereno da cadela fai que o alumno se relaxe ao ler ante toda a clase.

O programa READ está desenvolto por Perros e Letras, un colectivo que traballa neste tipo de terapias con 22 cans adestrados en nove provincias españolas.



Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

05/03/2018