CRTVG

Buscar

Un colexio de Carballo recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018

Publicado o 06/05/2019 16:16

O Colexio Xesús San Luís Romero, de Educación Infantil e Primaria de Carballo, recibiu o Premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018. Ademais dunha dotación en metálico, a súa obra sobre a figura de Antonio Fraguas será levada aos centros escolares de Galicia.

Este luns todos os alumnos e docentes festexaban que o seu centro recibía de novo este premio, porque xa van dous anos consecutivos en que resultan gañadores.

O obxectivo do certame é potenciar o coñecemento do autor homenaxeado, neste caso Antonio Fraguas, a través dunha exposición de 10 carteis. A innovación da súa exposición é que leva códigos QR polos que se pode acceder ao contido en linguaxe de signos.

Os alumnos aplaudiron sen descanso e para os 2.000 euros do premio teñen varios destinos, desde dotar de fío musical o centro, reformar a biblioteca ou poñer un chan de madeira a aula de infantil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/05/2019