CRTVG

Buscar

Un colectivo de discapacitados de Monforte pon en marcha un criadeiro de bois galegos

Publicado o 20/03/2017 20:46

Misturando o seu labor social coa actividade económica, o colectivo Prodeme xa fora pioneiro hai dúas décadas apostando pola producción de tenreira galega con selo de calidade

O colectivo de discapacitados Prodeme pon en marcha en Monforte un criadeiro de bois galegos. Misturando o seu labor social coa actividade económica, xa foran pioneiros hai dúas décadas apostando pola producción de terneira galega con selo de calidade. Agora agardan facer o mesmo co boi.

Criar boi galego de calidade é o obxectivo do novo proxecto da asociación de discapacitados Prodeme. Destas instalacións de Monforte sairán entre 100 e 150 cabezas anuais dun produto que conta cada vez con maior demanda e que opta a ter o seu selo de calidade propio. Como xa fixo hai dúas décadas apostando pola producción de ternera galega, Prodeme confía no éxito dunha actividade económica na que os discapacitados son protagonistas.

O proxecto verá os seus primeiros froitos en cinco anos. Polo dagora Prodeme xa acondicionou 5.000 metros cadrados de terreos para criar bois galegos, que se van sumar ás 2.000 cabezas de gando coas que conta xa na actualidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017