CRTVG

Buscar

Un colectivo cidadán de Tui di que non hai motivos para a moción de censura

Publicado o 06/10/2017 10:13

O colectivo contra a moción de censura en Tui pide a continuidade do actual equipo de goberno, formado por oito edís de catro grupos políticos e presidido polo socialista Enrique Cabaleiro. Acusan o Partido Popular e a Converxencia 21, que suman 9 concelleiros, de querer recuperar o poder antes de que o actual rexedor presente un balance de xestión. A oposición esgrime mala xestión, nepotismo ou falta de proxecto estratéxico, pero a plataforma cidadá asegura que non hai motivos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2017