Un coleccionista ten 2.737 gorras e puchos no seu bar de Arzúa
No Camiño de Santiago podemos atopar de todo. E en Arzúa atopamos un coleccionista do máis singular. Ten 2.737 gorras e puchos pendurados do teito e da parede do seu bar, o bar Bareta. Di que non sabe onde pode chegar e que despois de 17 anos vai seguir coleccionando.
Tenas de todas as cores, con sinaturas, da metade dos países do mundo e a maioría son agasallos de amigos que o axudan. Ata ten unha da filla de George Bush. Estas son as últimas catro que recibiu. Comezou co colección ao atopar unha presa de viseiras na casa por casualidade e agora son parte da historia da súa vida.
Suso López 'Bareta', coleccionista: "Teño unha alí que é así un pouquiño negra que ten un tipo chaveiro e deuma mei pai uns días antes de morrer e a esa si que lle teño. E despois hai moitas porque o fillo foi ás Maldivas e trouxo, uns sobriños foron a Malta e todo por aí e, bueno, hai moitas as que lles tes cariño".
Suso describe con orgullo a sensación que causa a súa impresionante colección deste bar da parroquia de Boente, paso obrigado para os peregrinos que percorren o Camiño Francés, e que tamén contribuíron.
Suso López 'Bareta', coleccionista: "Un policía alemán que estivo aquí e dixo: "Tes que me dar o nome e o enderezo porque che vou mandar unha gorra dende Alemaña. E mandouma, pero unha gorra de policía alemán".
Unha teima que é para sacarlle a pucha.