Un coleccionista paga máis de seis millóns de euros por ter os restos dun dinosauro
Publicado o 21/10/2021 20:01

Máis de seis millóns e medio de euros pagou un coleccionista polos restos dun dinosauro descubertos hai sete anos. Son do tricerátops máis grande atopado ata agora, coñecido como Big John, e que viviu en América do Norte hai 66 millóns de anos.
O comprador preferiu non revelar a súa identidade, pero a bo seguro que dispón dunha enorme fortuna tendo en conta que pagou cinco veces máis do prezo de saída , que só se puido recuperar o 60 % do esqueleto do dinosauro, e que non é unha peza de especial valor científico.