CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un coello nacido sen orellas en Xinzo de Limia é xa unha estrela na internet

Publicado o 31/01/2018 14:27

Na parroquia de Faramontaos, en Xinzo de Limia, unha criadora de coellos ten un exemplar que naceu sen orellas. Naceu o día de Nadal, pero a dona non se decatou ata un mes despois, cando veu que o animal non se asustaba como o resto dos seus irmáns cando se lle daba de comer. Agora xa é unha estrela na internet.







O pasado vinte e cinco de decembro produciuse un parto múltiple dunha coella na parroquia de Faramontaos, en Xinzo de Limia. Parto normal, un de tantos, que se producen no rural galego. Non foi ata hai unha semana, cando os animais cumpriron un mes de vida, que a criadora observou que un dos animais non se asustaba cando se abría a porta da corte para darlles a comida.

Este feito singular converte este cazapo nun dos animais máis famosos da contorna. A eiva, unha rareza da natureza, fai que moitos queiran fotografarse co coello que naceu sen orellas e tamén sen rabo. A foto do animal é unha das máis vistas en internet.

A singularidade do coello fai que os propietarios xa decidiran que será indultado. De feito, será o regalo de voda dunha das amigas da propietaria. A este cazapo xa lle mercaron unha gaiola para coellos na que investiron máis de cen euros.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí