CRTVG

Buscar

Un código ético obrigará os deputados a informar sobre agasallos e ingresos percibidos

Publicado o 02/04/2019 19:15

Entra en vigor o novo código de conduta dos deputados, aínda que coas Cortes disoltas, aplicarase na vindeira lexislatura. Entre outras medidas, obrígaos a informar dos ingresos percibidos antes de chegar ao escano. Tampouco poderán recibir regalos ou aceptar invitacións que poidan derivar en conflito de intereses. Ademais, deberán comunicar todas as reunións que manteñan con grupos de presión.

Noticias web

02/04/2019