CRTVG

Buscar

Un coche vai parar á fonte de Rosalía de Castro, en Vigo

Publicado o 09/08/2020 11:12

Os veciños de Vigo erguéronse esta mañá cunha imaxe nada habitual. Un choche acabou dentro da chamada fonte cibernética do cruzamento de Rosalía de Castro con Serafín Avendaño. Miren.

O condutor perdeu o control do vehículo e acabou encaixado na estrutura da fonte. Co airbag despregado e con danos visibles, a tecnoloxía coa que conta este coche chamou automaticamente ao 112. O accidente ocorreu ás 5.30 da madrugada cando xusto recibiron o aviso e onde acudiron o 061 e a Policía Local. 

Contra o mediodía, os veciños observaban e sacaban fotos mentres un guindastre retiraba o coche do interior da fonte.