Un coche queda calcinado por un incendio na Coruña
Publicado o 25/03/2019 08:14
Un incendio nun coche mobilizou onte á tarde os bombeiros da Coruña.
Ocorreu na zona da Gaiteira. Numerosas chamadas de veciños alertaban os servizos de emerxencias. Os labores de extinción prolongáronse durante media hora. O coche quedou totalmente calcinado e tamén houbo danos noutro que estaba aparcado diante. Afortunadamente, non houbo feridos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí