CRTVG

Buscar

Un coche queda calcinado en Guntín no medio da N-540, que une Lugo e Ourense

Publicado o 14/11/2017 21:19

Un turismo resultou calcinado, no medio da estrada N-540, que une Lugo e Ourense, ao seu paso por Guntín. O vehículo comezou a arder, por causas que se descoñecen, cando se dispoñía a coller un desvío. Ata o lugar tiveron que desprazarse os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Monterroso para sufocar as lapas. Mentres se realizaban os traballos para extinguir o incendio, rexistráronse retencións de tráfico.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017